Dúas décadas de cantareiras
A agrupación de Valadares homenaxeará polo seu aniversario ás mulleres que custodiaron as pezas tradicionais e que agora fachendean con Tanxugueiras
As Tanxugueiras veñen de por de actualidade o canto tradicional e a percusión de man. Son herdeiras dun patrimonio cultural que manteñen vivo principalmente as mulleres. “Tanxugueiras é un orgullo para nós, logra que se fale da nosa música e da nosa lingua; forma parte dunha revolución que se iniciou nos 80 cando comezaron a aparecer as pandereteiras, invisibilizadas durante os anos da sección femenina”, afirma Leni Pérez, que dirixe varios grupos en Vigo: As da Volta do Demo, en Beade, as de Bouza Cova, no Freixo ou as Cantareiras do Alba, en Valadares, que en maio cumpren 20 anos e para o que proxectan un concerto moi especial. Carmen Novoa, Estrella Vila, Herminia Alonso, Armenia Rial, Edita Campos, Marina Ramilo e a súa tía Amalia, Carman Fernández das Barrocas, Carmen Alonso, da Valada e Anunciación Comesaña, do Freixo serán as protagonistas desa actuación. “A nosa intención é homenaxear a estas mulleres que mantiveron viva a tradición cantada da parroquia e que recollimos hai uns anos”. Así, Leni Pérez, a mestra da agrupación, conta como no confinamento, ao non poder ensaiar, recuperáronse estas gravacións, incorporándose ao seu repertorio.
Esther, Marecha e Marina formaron parte das primeiras promocións do grupo xurdido ao abeiro do Centro Cultural e Veciñal, contribuíndo a esa recollida. “Xa había un aula de pandereteiras formada por mozas, pero nós queríamos cantar”. Así, Marina lembra como de rapaza saía coas curmás e as veciñas da Garrida a interpretar panxoliñas polas casas e despois a igrexa, o antecedente dos actuais cantos de Reis durante a misa. "Á casa viñan portugueses a mercar madeira para os estaleiros e ensináronos panxoliñas portuguesas. Marecha, natural de Vincios, sempre tivo moi presente o canto na súa vida, “dende que a filla da nosa mestra nos ensinaba as pezas”. Da familia dos Esparteros (coñecidos así polo seu bisavó, caballista do xenaral Espartero), Marecha tamén lembra unha conexión especial co país veciño. “Os meus pais cantaban moi ben e os portugueses que nos viñan traballar os campos aprendíanlle as súas cantigas”. Aínda que Esther non se implicou directamente coa música ata chegar ao grupo, si que a identifica coa súa nai, Armenia: “Antes cantábase en todas partes, no campo, na cociña, ao ir lavar”, e non só para expresar ledicia, “ás veces, enfadada, cantaba o que non lle dicía a eles”.
Entre as pezas, recollidas en Valadares entre 1999 e 2003 e que conformarán o repertorio da homenaxe, hai ribeiranas e xotas. “Son historias, romances e tamas para o baile”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez