Baiuca e Carlos Núñez, dous xeitos de interiorizar o folk
MÚSICA
Baiuca e Carlos Núñez asinaron a primeira colaboración, “Solsticio”, deixando cadansúa pegada na peza tradicional
"Solsticio" é o nome da alborada froito da colaboración de Baiuca e Carlos Núñez sobre a base dunha peza tradicional portuguesa, inspirada nunha gravación orixinal de Paulino Pereira Joao. O que nun principio xurdíu como una colaboración para o disco do 25 aniversario da “Irmandade das Estrelas”, sae agora como single. Nesta primeira fusión de estilos sae un son que fusiona o toque electrónico que caracteriza o traballo do de Catoira co protagonista da gaita, sempre presente nas composición do vigués. Os dous intérpretes proveñen de dúas xeracións que traballan pola recuperación da música tradicional e a súa modernización, pero dende fórmulas diferentes tal e como eles mesmos explicaron para AtlánticoTV. Ambos comprometéronse a tocar xunto en non moito tempo en Vigo.
CARLOS NÚÑEZ, gaiteiro, música folk
“O TRANCE DA MÚSICA URBANA ESTÁ EN TONO DÓRICO, O MAIORITARIO DAS CANTIGAS DE SANTA MARÍA”
Carlos Núñez, un dos principais embaixadores culturais da cidade alá por onde vai, leva décadas investigando na universalidade da música folclórica e coa colaboración de Baiuca dá un paso máis.
Como chegou ata Baiuca?
Hai pouco tempo que souben de Baiuca, foi a través de entrevista, xa me mencionara nalgunha. Pareceume moi curioso o que facía, o seu estilo particular. Está a realizar moitos soños, un camiño que iniciara hai 25 anos con esta música. Eu nunca explorei electrónica tan pura. Tiña traballado con xente en Londres, en París, en Galicia, pero sempre de xeito moi sutil. Fixo un traballo fantástico, estou moi contento. Usou a mesma técnica coa electrónica que a que usamos na tradicional e na medieval, o sistema molecular. En Trasmontes, as Highlands portuguesas, ao sur da Gallaecia usan eses xiros e moleculares intercambiables, chegou a min e montei esa alborada, e Baiuca nunha nova cociña, fixo a alborada do sécula XXI.
É un novo chanzo na universalidade da música celta?
Realmente é fascinante, a música de gaitas tradicionais tan antigas seguen vivas en Galicia e no norte de Portugal ou en Zamora. Tocábanse en festas paganas, no carnaval con máscaras, o mesmo que no samaín de Irlanda. Amosaban un certo sentido de trance coa que tamén se entra coa música electrónica. Baiuca bordou a súa intervención. É o trance moderno de música urbana, está en modo dórico, a escala maioritaria nas cantigas Santa María e que se atopan no trap de C Tangana.
Con estos traballos preparouse o terreo para un fenómeno como Tanxugueiras?
Estou moi contento por Tanxugueiras, meréceno con creces, levan moitos anos traballando. É de xustiza que as nosas pandereteiras estean no mainstream e nos grandes escenarios. Nos oitenta fomos os gaiteiros, agora son elas. En Eurovisión non creo que fora tanto un problema coa lingua, senon certa falta de confianza de que o folclore sexa algo excelente que nos pode representar. O flamenco logrouno e isto está cambiando, é un momento interesantísimo para a música tradicional.
BAIUCA, músico con estilo “Folktrónico”
“GÚSTAME INTERPRETAR O QUE TEMOS DE XEITO NATURAL, ÁS VECES FORZAMOS AS COUSAS"
Alejandro Guillán, máis coñecido como Baiuca, é o máis mozo do tándem e aporta a música electrónica ao proxecto do que xurdíu “Solsticio”, o tema que xa está disponible en plataformas dixitais.
Como xurdíu esta colaboración con Carlos Núñez?
Dende hai moito tempo tiña ganas de colaborar con el, pero non cheguei a dar o paso. Como non me gusta recibir un non por resposta prefiro agardar o momento axeitado, entón Carlos adinatouse. Chamou para participar o disco polo 25 aniversario de “A Irmandade das estelas”·. Estivemos traballando xuntos no verán, pero non hubo tempo de incluilo no álbum. Eu quería sacalo igual e penso que quedou mellor así, máis electrónico do que Carlos adoita facer e coa gaita instrumento principal que non suele aparecer nas miñas produccións. Pareceunos xenial sacalo como novo sinxelo.
Logrouse unha melodía moi medieval.
En parte pola sonoridade da gaita, pola tonalidade na está e as formas das redes nas que traballamos casaba moi ben. Son moi sutil á hora de introducir os elementos, a parte electrónica é moi evitadente, mais tamén quería recoller esa forza bombo e da percusión, aí están os tambores de Xurxo, o irmán de Carlos e as guitarras de Pancho. Esa mestura que encaxaba moi ben. Nunca fixera alborada, este tema foi para me estrenar.
Este tipo de traballos e a boa acollida pola mocidade, é un xeito de asegurar a prevalenza da música tradicional?
O que me gusta é interpretar o que temos de xeito natural, ás veces forzamos as cousas para usar algo, como con calzador. Ten que saír natural, eu collo elementos cos que me sinto cómodo e que coñezo de toda a vida e únoos con otros cos que tamén son cómodo electrónicos. Dasllo á xente e tamén se sinte cómoda escoitándoo. Consíguese unha nova vida, unha nova visión para estos temas, rescatando música que outro xeito estaría fóra. Non é desaparece. Aquí investigamos sobre esas máscaras e a súa historia ten que aflorar, non todo poden ser vivencias o desamor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último