Do escenario á imprenta, Golfiños publica o primeiro libro
vigo
Tres músicos, adicados á animación infantil, son tentados polas grandes editoriais tras autoproducir a súa ópera prima
Naturalidade, frescura e swing. Esa é a receita imprescindible para unha boa canción infantil, segundo Lena Paz: "Os nenos son moi listos, son os primeiros que rexeitan o que está mal feito; sempre probamos con eles as cancións antes de pechalas".
Lena forma con Xosé Liz e Diego Paz Golfiños. Coñecéronse hai 20 anos en Maxisterio Musical. Dende entón seguiron compoñendo e actúando para os máis cativos, ata que decidiron gravar parte do seu vasto repertorio. "Unha vez que tiñamos feito o disco, pensamos que quedaba un pouco floxo, xa que estes anos hai un boom de cancións infantis, pero editadas en libros cd, así que seguimos a tendencia".
Polo que montaron o seu sello editorial. Lena, afeccionada a fotografía, e cos debuxos da súa filla Carlota, con catro anos, realizaron as montaxes para ilustrar as letras dos temas. Coa participación da avoa da nena na gravación dun dos temas acabouse por integrar a toda a familia nun proxecto feito con coidado e agarimo, titulado "Té, Chocolate e Café": "É o título da segunda canción e define moi ben a filosofía do noso traballo; é un neno que se atopa mal e pese a que a familia lle ofrece de todo, é só quere cariño e compañía", aclara Lena.
A publicación pódese atopar en tódalas librerías de Galicia, "fíxemos nós mesmos a distribución", asegura. Un traballo independente de tanta calidade, que xa están sendo tentado polas grandes editoriais.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último