O Día da Muiñeira reunirá máis de 800 participantes este domingo

A rúa Venezuela convertirase este domingo nun escenario ao aire libre coa celebración do Día da Muiñeira

Abel Caballero, xunto a Gorka Gómez e os organizadores do Día da Muiñeira.
Abel Caballero, xunto a Gorka Gómez e os organizadores do Día da Muiñeira. | Atlántico

Organizada pola Asociación Cultural Interfolc e financiada polo Concello, o Día da Muiñeira reunirá a 30 entidades, cun total de 47 grupos e unhas 858 persoas, entre bailaríns e músicos. Haberá 18 grupos de Vigo, 3 de Mos, 2 de Salceda de Caselas e 2 de Tui; de Gondomar 1, de Redondela 1, de Mondariz 1, de Ponteareas 1 e 1 tamén procedente de Moaña.

Músicos e bailaríns concentraranse na rúa Marqués de Alcedo e comezarán a desfilar ata a rúa Venezuela a partir das 11:20 horas da mañá, coa previsión de que as actuacións comecen ás 12:00 horas. O alcalde avanzou que a cidade vivirá este domingo “unha grande celebración” con esta mobilización cultural nunha xornada “importante” que “pon en valor e dá visibilidade á música e ao baile tradicional a través de todos os grupos participantes”.

Na presentación do evento que tivo lugar onte no Concello, participaron Gorka Gómez, concelleiro de Cultura; Pablo González, presidente da Asociación Cultural Interfolc Internacional; Roberto Giráldez, responsable técnico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e Fátima Veiga, Noelia Barral, Adrián Bouzo e Roberto Martínez do Ledicia-Amieiras de Valadares.

Contenido patrocinado

stats