Detido un home en Vigo tras causar un altercado nun bingo e intentar agredir os axentes

Axentes da Policía Nacional de Vigo detteñen a un home de 51 anos de idade e veciño da cidade como presunto autor dun delito de desobediencia e atentado a axente da autoridade, tras causar un altercado nun bingo e intentar agredir os axentes que interviñan.

Agencias
Publicado: 17 nov 2011 - 16:29 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:41

Os feitos aconteceron sobre as 16.00 horas do mércores nun local de xogos da rúa Marqués de Valladares, onde o individuo estaba a xogar ás máquinas. Non obstante, nun momento dado empezou a golpear a máquina e chegou a romper un biombo de cristal que separa as distintas estanzas da sala.

Ante esta situación, os traballadores do establecemento chamáronlle á orde pero o home, lonxe de facelos caso, enfrontouse a eles e intentou a agredir un dos empregados.

Unha patrulla acudiu ao lugar tras ser informada do acontecido e, ao pedilo ao sospeitoso que se identificase, este enfrontouse aos policías, insultounos e intentou agredir, polo que foi detido.

Debido ao estado de agresividade no que se atopaba, o individuo foi trasladado ao ambulatorio do Casco Vello, onde se negou a ser asistido e mantivo a súa actitude, increpando o persoal sanitario e chegando a paralizar a actividade diaria do centro.

Ademais, o home ía cun can e, ao ser detido e non querer facilitar datos dun familiar que se fixese cargo del, foi necesario solicitar a presenza do servizo de recollida de animais municipal, que o trasladou á canceira a disposición do propietario.

O arrestado, quen xa ten un antecedente por outro feito con violencia, foi trasladado á Comisaría da Policía Nacional de Vigo e xa pasou a disposición do xulgado de garda.

Contenido patrocinado

stats