Despedida das sesións Anecoicas co concerto de Nicolás Pastoriza
vigo
A experimentación coa música nunha sala totalmente insonorizada chegou onte o seu final no campus universitario. O concerto do músico vigués Nicolás Pastoriza pechou o primeiro ciclo das sesións Anecoicas, incluida na programación cultural da Universidade, e organizado polo festival Sinsal, o Marco, o laboratorio de acústica organizado por Atlantic en Telecomunicación. Foron dous pases en pequeno formato, cun aforo moi limitado, no interior de una cámara semianecoica.
Pastoriza chegaba de estreo, xa que acadou o obxectivo na campaña de crowdfunding, na que recaudou 5.000 euros para a gravación do seu seguinte disco "Luna de Kubrick" e do que deu un pequeno avance na súa actuación de onte. A peculiaridade destes concertos é que se realizan nun espazo deseñado e recuberto para absorber as ondas sonoras e electromagnéticas. Na sala practicamente non hai eco nin reverberacións. Os músicos que participaron nesta experiencia destacan o silencio, a percepción multiplicada e, polo tanto, o coidado e a adaptación que requeriu a actuación en directo. A iniciativa xurdíu no terceiro trimestre de 2014.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar