“Descubro ao Manuel maría do que non falan os outros, digo a verdade de quen era”
MANUEL VIDAL VILLAVERDE Escritor, presenta “Manuel María, entre santos e navallas”
Manuel Vidal Villaverde (Vigo, 1946) ven de presentar o seu libro "Manuel María, entre santos e navallas", editado por Laiovento. Poeta e biógrafo, Vidal Villaverde foi colaborador en distintos medios de comunicación, entre eles Atlántico Diario, onde desenvolveu un estilo literario propio que agora utiliza para escribir sobre o autor a quen este ano se lle adican as Letras Galegas.
Que aporta de novo o seu libro sobre a figura de Manuel María?
Descubro ao Manuel María do que non falan os outros, digo a verdade de quen era.
Uníalle unha forte amizade a Manuel María. É complicado escribir dalguén tan achegado?
Costoume moito. Foi duro emocionalmente, xa que tiven que entrar na miña vida, nos tempos en que andabamos por Lugo, cando nos prenderon. É unha loa a Manuel María. Ás veces non sei se falo de min ou del. Tiven que procurar documentación de cousas que sabía, que vivira. Pasei moito tempo en arquivos, sobre todo, no de Penzol, recuperando cartas. O libro podería ter sido máis amplo, pero non tiña tempo.
Adicarlle as Letras Galegas como enriqueceu o coñecemento do autor?
Foi decidido por unanimidade, segundo souben por Ramón Lorenzo. O que se desvelou, desveleino eu. Probei o que algúns viñan negando, que a primeira publicación de Manuel María foi en castelán, "Marinero en la noche". Editouna con 17 anos, como unha mímese da Xeración do 27. Era un gran admirador de Alberti, e foi unha homenaxe a su obra "Marinero en tierra". Logo, posiblemente influenciado polo grupo de Piñeiro, publicou "Muiñeiro de brétemas", o seu primeiro poemario en galego.
Como era Manuel María como poeta?
Preguntáronme unha vez se cría que era un poeta culto. Non o era. A súa lírica era popular, aínda que comprometida. Foi amigo de Otero Pedrayo ou de Cunqueiro.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último