A Deputación de Pontevedra fallou os premios Sofía Novoa

vigo

redacción vigo
Publicado: 17 feb 2018 - 01:47 Actualizado: 18 feb 2018 - 02:13
A presidenta, Carmela Silva, no momento de anunciar os premios.
A presidenta, Carmela Silva, no momento de anunciar os premios.

A Deputación de Pontevedra fallou os "II premios Sofía Novoa Ortiz" á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos da Universidade de Vigo. Carmela Silva anunciou que Lucía Troncoso, Eva Fontáns e Raquel Armán son as tres gañadoras da II edición dos "Premios Sofía Novoa Ortíz" con estudos que analizan a importancia da inclusión da perspectiva de xénero na educación infantil e a linguaxe inclusiva. Silva destacou a contribución destes premios "para impulsar políticas igualitarias e de visibilidade das mulleres no campo da educación, desde onde se cambia a sociedade". Na modalidade de traballo de fin de grao, outorgáronse dous premios de 1.000 euros aos traballos de Lucía Troncoso (de Vigo) e Eva Fontáns (de Pontevedra), respectivamente, por traballos relacionados con Educación Infantil. Raquel Armán (de Vigo) levou o premio de 1.000 euros polo traballo fin de máster titulado "A tradución como ferramenta para a visibilidade: tradución de Gaycation para voces superpostas".

Contenido patrocinado

stats