A Deputación enche de actos a cidade pola loita feminista
Haberá inauguracións e exposicións na sede en Vigo e unha “performance” polas rúas reflexando o pranto e dor das mulleres
Os actos reivindicativos polo 8-M en Vigo a través da Deputación serán, en palabras da presidenta Carmela Silva, “a máis potente e ambiciosa de Galicia e todo o Estado”, cun despregue a partir de maña das pancartas que amosan a loita por toda a cidade e marcará o seu inicio. “Queremos que se escoite a nosa voz, ocupar o noso espazo e loitar polos nosos
dereitos”, foi a firme declaración de intencións convertida en lema co que a presidenta provincial avanzou onte a longa lista de actividades.
A programación do 8M estrutúrase, deste xeito, nas Alianzas na Política, na Empresa-Economía, nos Medios de Comunicación, no Saber, Investigación e Universidade e na Creatividade, así como na aposta pola Coeducación e por visibilizar o legado da excelencia das mulleres. En Vigo a acción do 8-M comezará ás 17 horas e titúlase “2,2 quilómetros de alento”, a cargo das artistas Andrea Mosquera e María Roja, que culminará coa apertura das exposicións na sede a cargo de Puri Díaz e Ofelia Cardo. Será unha performance que terá lugar entre o Xulgado de Violencia Sobre a Muller e a sede de Vigo, un tramo de 2,2 quilómetros a través do que as dúas mulleres, cargadas con bolsas da compra, irán deixando ao seu paso laídos de auxilio que se mesturarán ata perderse na paisaxe sonora urbana. As creadoras da peza explicaron por vídeo que a acción será na rúa “para darlle a oportunidade á xente de estar en contacto coa arte en espazos que non son habituais”.
A tarde rematará na sala Rosalía de Castro da sede da Deputación en Vigo onde se inaugurará a exposición “A muller da miña vida” de Puri Díaz, con imaxes que supoñen “un canto coral da memoria (e da miña memoria)”. E na sala Maruja Mallo, abrirase a mostra de fotografía, escultura e instalación “Dar alento” de Ofelia Cardo con pezas centradas na intersección entre feminismo e ecoloxía, que “entrelazan a histórica opresión sobre a natureza e a que sofren as mulleres”.
No marco das Alianzas na Empresa-Economía, a sede de Vigo da Deputación acollerá a entrega dos Premios Mulleres Salgadas o día 20 de marzo, mentres que as Alianzas na Investigación e a Universidade impulsarán neste mes de marzo varias actividades da Escola de Igualdade María Vinyals: os sábados, a sede de Vigo acolle o programa “Canteira de Igualdade”, e os mércores, o ciclo de videoconferencias con potentes científicas “Ciencia en Feminino”, en colaboración con GCiencia.
O día 22 de marzo presentarase o programa “Precursoras da sustentabilidade”, un proxecto que recuperará a memoria de 40 mulleres que contribuíron cos seus coñecementos á sostibilidade do planeta. Ademais a Deputación asinará convenios coa Universidade de Vigo para seguir impulsando a Cátedra de Feminismos 4.0.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez