Episodios vigueses
Pepe Iglesias “El Zorro” y Pepe Vázquez en Radio Vigo
A Deputación de Pontevedra e o Consulado Xeral da Arxentina en Vigo porán en marcha proxectos comúns na provincia e tamén ao outro lado do Océano Atlántico para reforzar os estreitos lazos históricos que unen as comunidades galega e arxentina. A presidenta Carmela Silva e o cónsul Horacio Martín Doval reuníronse onte na sede da institución en Vigo para sentar as bases da colaboración e comezar a traballar de inmediato nunha programación de actividades. “Temos que poñer en valor os nosos vínculos afectivos, sociais, culturais e económicos; hai unha intensa relación entre as nosas comunidades que non podemos perder”, subliñou Carmela Silva, quen adiantou a súa intención de organizar unha acción cultural na capital arxentina a finais de 2022 ou nos primeiros meses de 2023. O cónsul, que asinou no Libro de Honra da Deputación, cualificou a proposta de “excelente” e coincidiu na importancia de manter os lazos históricos. Así, anticipou que o Consulado que representa “empezará a traballar nun plan de actividades para todo este ano” en coordinación coa Deputación.
Ambas institucións colaboraron recentemente en “Cinema Mulleres”, un ciclo con proxeccións e coloquios celebrado en decembro no Museo de Arte Contemporáneo para dar visibilidade, reflexionar e debater con perspectiva de xénero no cinema nos contextos de Galicia e Arxentina. “Foi unha iniciativa coa que establecemos redes, e é importante que a sociedade civil participe coas administracións públicas", indicou Silva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
España se cura con una goleada ante Arabia Saudí
Conflicto en Oriente Próximo
Negociación tensa en Suiza: Irán da un portazo a Trump por sus amenazas