A Deputación aproba por unanimidade o segundo Plan de Igualdade

Publicado: 26 nov 2021 - 23:22 Actualizado: 27 nov 2021 - 01:26

A intervención da doutora Silvia Pérez Freire, onte, no pleno da Deputación.
A intervención da doutora Silvia Pérez Freire, onte, no pleno da Deputación.

Con un chamamento a “sororizarse de verdade no feminismo” e por non quedar “nas intencións e nas palabras”, a doutora en Socioloxía, profesora universitaria e investigadora social especializada en violencia de xénero, Silvia Pérez Frere, leu o manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as mulleres co que arrancou o pleno da Deputación de onte. A doutora tamén falou da importancia de definir e delimitar os conceptos para comprendelos, destacando que o feito de instaurar a medición da violencia de xénero, “moi cuestionado” ao principio, permitiu “tomar conciencia” da súa “magnitude”. Recordou ás mulleres asasinadas dende que hai rexistros, a todas as que “sofren en vida as consecuencias desa violencia” e apelou a rachar coa invisibilidade que padecen as mulleres na sociedade. A súa intervención, aplaudida por toda a corporación, rematou coa entrega dunha escultura de camelia por parte da presidenta, “unha camelia branca, recordou Carmela Silva, que eran as que levaban as sufraxistas para recoñecerse cando esixían o sufraxio universal, un agarimo para unha muller exemplar, unha desas mulleres imprescindibles”. Precisamente, o pleno deu luz verde ao II Plan de Igualdade por unanimide, despois dos resultados obtidos polo I Plan que confirma a integración da igualdade como práctica real na organización da institución, de feito cumpríronse ata 82 das 84 accións deseñadas, un 98% do mesmo. Ademais, aprobou as bases do Plan Concellos 22-23 que ascende a 73,5 millóns de euros. Así os concellos de menos de 50.000 habitantes poderán dispoñer xa o próximo ano dos 43 millóns, cos que estaba dotado.

Contenido patrocinado

stats