A Deputación alerta contra a “cousificación” das mulleres

Publicado: 25 feb 2023 - 00:28 Actualizado: 25 feb 2023 - 00:33
Laura Muradas.
Laura Muradas.

A xefa do servizo de Igualdade da Deputación, Lucía Muradas, foi a encargada de ler o Manifesto polo Día Internacional da Muller durante a sesión plenaria celebrada onte. Nesta lectura fíxose unha apelación directa á unidade do movemento deminista, evitando divisións que debiliten a loita, e alertouse contra a “cousificación” do corpo das mulleres como os intentos de legalizar as maternidades subrogadas ou a tolerancia social coa prostitución.

“O 8 de marzo é a ocasión na que saímos á rúa para manifestar as reivindicacións que esixe a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, nunha sociedade que aínda está no proceso de erradicación da violencia e da desigualdade, e cuxa consecución constitúe o presuposto ineludible dun estado social”, expresou Muradas durante a lectura do Manifesto.

A xefa do servizo de Igualdade indicou que o movemento feminista enfróntase este ano a “unha axenda polarizada por moitas contradicións sobre o corpo das mulleres”, polo que fixo fincapé en que a necesidade de avanzar na erradicación da violencia contra as mulleres non se sostén xa sobre o desenvolvemento lexislativo ou da participación política de composicións equilibradas, senón que “as sociedades contemporáneas atopan novas formas de control sobre os corpos que fan perigar o movemento feminista e a súa unidade mediante a utilización do dereito que baixo un intento de xustificación neoliberal, no fondo esconde vellas formas de escravitude”, referíndose a temas como a xestación subrogada ou á legalización da prostitución.

Contenido patrocinado

stats