Os debuxos animados, na Ludoteca de Moaña

A Ludoteca de Moaña centra esta semana as súas actividades no mundo dos debuxos animados. Este centro continúa co seu horario de inverno (de luns a venres, de 16.00 a 20.00 horas) e dirixe a súa programación a nenos de entre 4 e 12 anos de idade, que deben antes inscribirse neste centro para poder participar (teléfono de información 986.31.50.38, en horario de tarde).

Publicado: 12 dic 2011 - 19:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:41

O programa desta semana ábrese hoxe, luns, 12 de decembro, cunha sesión sobre “Os nosos debuxos favoritos”. O martes, a actividade leva o título “Como se fan os debuxos animados?”. O mércores, 14 de decembro, tócalle o turno á “Animación con Sombras”. A sesión do xoves titúlase “Proxectamos”. A semana péchase o venres cunha saída de contacontos a Quintela a cargo de Charo Pita.

Durante toda a semana, os nenos e nenas asistentes elaborarán unha postal de Nadal. Será un concurso no que todos os participantes levarán un pequeno agasallo. A postal gañadora terá o privilexio de ser a que felicite as festas aos socios e socias da Ludoteca. Os traballos serán expostos, a partir do 21 de decembro, na Biblioteca de Quintela.

Contenido patrocinado

stats