Danzas e Tai chi para maiores chegarán ata as prazas da cidade
A cita será en Independencia, Calvario, Castelao, Alameda e en Bouzas, de luns a venres
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou onte a posta en marcha do primeiro programa de actividades interxeracionais de verán ao aire libre, que se desenvolverá en diferentes barrios da cidade ao longo dos meses de xullo e agosto. Danzas do mundo e Tai chi son as dúas actividades que se celebrarán na Praza da Independencia, O Calvario, avenida de Castelao, Praza de Compostela e alameda de Bouzas, de luns a venres e sempre de 10.30 a 11.30 horas, un día en cada sitio: Neste programa téñense en conta especialmente ás persoas maiores, pero poden participar acompañadas de familiares, salientou a nacionalista. María Méndez explicou que a finalidade da iniciativa é ofrecer unha actividade saudable similar ao programa de avellentamento activo que se desenvolve ao longo do ano dirixo ás persoas maiores. Segundo a concelleira de Benestar Social a interrelación é moi importante para as persoas maiores, sobre todo para as que comezan a quedarse na casa. A edil subliñou que a práctica de calquera das dúas actividades propostas, Tai chi e Danzas do mundo, é unha forma agradable de facer exercicio físico en grupo e un bo método para establecer novas relacións, declarou. Explicou que no seu desenvolvemento, no que non haberá límite de participantes, utilizaranse técnicas dinámicas de expresión corporal, relaxación e desinhibición e serán impartidas por dous monitores. Así, nos meses de xullo e agosto, os luns as actividades terán lugar na Praza da Independencia, os martes no Calvario, os mércores na avenida de Castelao, os xoves na Praza de Compostela e os venres na alameda de Bouzas.
Exercicio ao aire libre
A concelleira de Benestar Social salientou que a proposta de levar a cabo este programa partiu das persoas usuarias do programa de avellentamento activo, que para no verán. Pensamos que para a xente que se queda na cidade e non marcha de vacacións tiñamos que organizar algunha alternativa e motivar á poboación en xeral a participar no exercicio ao aire libre, indicou a edil do BNG. Con esta iniciativa queremos que non se paralice a actividade no traballo de mellora da calidade de vida das persoas, subliñou. Segundo sinalou María Méndez na súa intervención ante os medios, o feito de que sexan sempre o mesmo día en cada lugar propiciará que a cidadanía teña unha referenza clara do lugar no que se desenvolven as actividades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez