Dakidarría presentará novo disco na sala Master
Dakidarría, un referente da música contestataria do país, chegará o vindeiro 6 de maio á sala Master Club de Vigo para presentar o seu novo disco, “Colaxe”. Unha noite na que os acompañarán como convidados a banda La Quinkillada. A información das entradas está dispoñible en www.dakidarria.com A banda, que vén de actuar no Viña Rock, comeza a rodar coa súa xira “Colaxe Tour 22” para facer soar o seu novo disco, “Colaxe”, en salas e festivais de toda a Península.
“Colaxe” é o sexto disco de estudio de Dakidarría onde o grupo percorre as diversas influencias musicais que o fixeron medrar e chegar ata o presente nun estado de forma envidiable tras 18 anos de carreira. Con ampliación da súa formación, a agrupación musical retoma a estrada neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en todos os lugares que sexa posible. Novas caras que darán máis fluidez e dinamismo a un show que, se antes era incendiario, agora pasa a ser explosivo. Un combo que pretende arrasar os palcos e que vai deixar pegada na escena musical galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
Estados Unidos pasa de ronda ante Australia
Mundial 2026
México pasa de ronda
Condado - Paradanta
‘El Arbo del Siglo XXI’, en la agenda de Horacio Gil