“Dakidarría é un barco e vós sodes o noso mar”
Vigo
O grupo vigués celebrou este fin de semana co público da súa cidade os seus dez anos sobre os escenarios cun concerto
Gabri, Simón, Antonio, David, Juaki, Anxo, Carlos e Ximo Tomás son Dakidarría. Este sábado celebraron en casa o seu décimo aniversario cun concerto baixo o berro "Dakidarría é un barco e vós sodes o noso mar". Supuso un encontro moi especial cos seus primeiros seguidores, colgando o cartel de non hai entradas na sala Máster Club, tal e como recoñeceu onte Gabri: "Tivemos un cheo absoluto e foi moi emotivo porque xogabamos na casa; queríamos que a primeira actuación da xira en 2014 fora en Vigo e resultou como esperabamos".
Con catro discos no mercado ("Fragasaurus Rex", "El futuro nunca existió", "Realidades alineantes" e "Utopías emergentes", ademais da primeira maqueta "Diskordía nas Rías Baixas"), a agrupación recoñece unha evolución dende os postulados punk dos inicios ao estilo máis mestizo que os caracteriza e onde hai influencias de ska, reggae ou xamaicano, sen renunciar ao calificativo de banda festeira que os fixo famosos. "Somos un grupo reivindicativo, pero tamén alegre, penso que é o único xeito de sobrevivir neste mundo, a rebeldía sempre ten que ir acompañada por alegría, e esa é a mensaxe que queremos dar", apuntou Gabri. Así, lembrou a orixe de Dakidarría en 2003, nun Concerto Expansivo, no bar Patos en protesta pola xestión da crise do "Prestige": "Naceu sen embarazo previo, xurdíu sen máis, non foi planeado, simplemente, de repente, estabamos dando o noso primeiro concerto". A partir de aí xa non pararon. Levan dende maio na xira do décimo aniversario que se prolongará ata os festivais de verán, onde tamén haberá saídas á Europa, cun concerto en Frankfurt e un par deles en Francia. Despois xa toca compoñer novos temas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Mundial 2026
Estados Unidos pasa de ronda ante Australia
Mundial 2026
México pasa de ronda
Condado - Paradanta
‘El Arbo del Siglo XXI’, en la agenda de Horacio Gil