CxG vai apoiar unha Caixa, Porto Cabral e a Área

MUNICIPALES 2015

redacción vigo

Publicado: 30 abr 2015 - 12:05 Actualizado: 01 may 2015 - 11:19

A candidatura de Compromiso por Galicia tamén posou nas áncoras de Rande.
A candidatura de Compromiso por Galicia tamén posou nas áncoras de Rande.

Compromiso por Galicia presentou á súa candidatura con Miguel Barros ao fronte, quen agradeceu presentar en Vigo, un proxecto galeguista cunha lista caracterizada pola diversidade, tal como é a sociedade viguesa. Destaca a participación de Francisco Piñeiro, expresidente da Asociación de Navia, Henrique Macías, do Casco Vello ou Jose Antonio Domínguez, "Pucho", antigo presidente da Asociación Veciñal de Lavadores. No ámbito cultural, Inma López Silva, profesora, escritora e crítica teatral ou Xoán Bernardez Vilar. Miguel Barros lembrou catro puntos importantes do seu programa; a creación dunha Caixa de Aforros metropolitana de Vigo como ferramenta financieira para as pequenas e e medianas empresas da comarca, a actualización e desenvolvemento do Plan Xeral como elemento de estructuración da cidade e como impulsor de importantes sectores económicos, incluindo o ámbito terciario de Liñeiriños (Porto Cabral ) como polo de atracción cun importante centro comercial e de ocio para unha euroxerión de seis millóns de habitantes, a construción da Área metropolitana de Vigo, e a participación do movemento asociativo vigués na xestión de investimentos dos seus ámbitos correspondentes, a través de orzamentos participativos e un Plan municipal de participación cidadá. Xoaquín de Acosta, concelleiro de Tráfico con Castrillo, lembrou a importancia da Área metropolitana de Vigo e incidiu na necesidade de incorporarse Vigo ao Plan de Transporte Metropiltano.

Contenido patrocinado

stats