Correlingua mobilizou a 1.700 escolares a prol do galego
A manifestación da rapazada cumpríu a súa edición 26 baixo o lema “Co galego no corazón facemos revolución”
Vigo e a tres concellos máis da bisbarra (Ponteareas, Salvaterra e Gondomar) celebraron onte polas rúas da cidade a manifestación festiva a prol do galego. Baixo a organización da Asociación Cultural Correlingua reuníronse na Praza do Rei máis de 1.700 escolares de 26 centros diferentes. Alí foron recibidos polo alcalde Abel Caballero, acompañado por concelleiros de tódolos partidos con representación na corporación, PSOE, PP e BNG. O rexidor felicitounos pola súa entrega e animounos a seguir defendendo a lingua.
Trala pancarta co lema “Co galego no corazón facemos revolución”, percorreron a Avenida Camelias ata Praza América para continuar cara a Castrelos, onde tivo lugar o fin de festa.
Onte foi a guinda dun traballo realizado nas aulas ao longo de todo o curso. Deste proceso saíu o manifesto que se leu en tódalas localidades, elaborado en obradoiros con rapazada de primeiro e segundo da ESO de toda Galicia e a colaboración das escritoras María Lado, Lucía Aldao e Antía Yáñez. O texto escoitouse onte no parque, antes das actuacións de Música Miúda e Zeltia Irevire. Tamén subiu ao escenario Juan Cadavon, que presentou a actividade de sensibilidade do club de braille da Once.
Co Correlingua colaboran CIG ensino, as deputacións de Pontevedra, Coruña e Lugo, xunto a varios concellos. A primeira marcha do ano tivo lugar a comezos de maio en Santiago, para seguir por Coruña, Moaña, Monforte de Lemos, Ourense, Narón, Ribadeo, Pontevedra e Lalín antes de chegar a Vigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Trainerillas
Chapela lleva cuatro barcos a Cantabria
Fútbol | Primera Federación
El Celta B busca acabar segundo en Barakaldo