Compromiso promete terminar a Plisan en 4 anos
ELECCIONES 25-S
O candidato á Xunta por Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, comprometeuse ante os terreos abandonados da Plisan a que nun prazo non superior a catro anos este parque industrial estará en pleno funcionamento e conectado por tren de mercadorías co porto e co aeroporto de Vigo.
A inversión que require a posta en marcha destas instalacións, lonxe de ser un obstáculo, é unha das principais apostas do programa de goberno deste partido. Para os galeguistas, o porto seco representa a súa "aposta estratéxica de país", fundamental para o proxecto de autonomía fiscal que pretende acadar para Galicia CxG.
"Precisamos desenvolvemento industrial pleno para o proxecto integral de país", explica Bascuas, e nese sentido, só unhas instalacións como as do Plisan, en pleno rendemento, poden ofrecer as condicións necesarias para o despegue da economía galega.
Relacionado coa aposta do porto seco, que só será viable se conta coas conexións ferroviarias necesarias que prometeu, ubícase a demanda das transferencias de competencias en materia portuaria formuladas por este partido. O candidato galeguista explica que só unha xestión autónoma dos portos galegos poderán evitar "situacións tan perxudiciais para o desenvolvemento económico do país". n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último