“Está claro que colón era galego porque coñecía a lingua e usaba palabras propias do val do dubra”
MARCOS CASTRO VILAS Arquitecto, presenta “Cristóbal Colón y el periplo de Hannón”
Marcos Castro Vilas (Vigo, 1976), arquitecto, urbanista e especialista en vías romanas, presenta hoxe, ás 20 horas, na sede do Colexio de Arquitectos (Doutor Cadaval, 5) o seu libro “Cristóbal Colón y el periplo de Hannón”, onde defende unha nova teoría do Colón galego, non de Poio, senon de perto de Santiago.
Como chegou a conclusión de que Cristóbal Colón naceu no Val do Dubra?
A primeira cuestión sería como cheguei a Cristóbal Colón, un personaxe que en principio non me chamaba. O feito é que descubrín o que el descubríu e que lle levou ao novo continente: foi o achádego do periplo de Hannón. A partir de aí está claro que é galego porque era coñecedor desta lingua e utiliza palabras en galego onde non lle chegan os coñecementos de castelán. Ademais na biografía feita polo seu fillo, Hernando Colón, recolle que era de terra Rubra, escrita de madeira “corrupta” é non pode referirse a outro lugar que non sexa o Val do Dubra.
Na súa hipótese enlaza a viaxe de Colón con outras históricas, ficticias e ata lexendarias como a xa nomeada de Hannón, a de Ulises, a de San Brandán ou a de Mandeville. Que semellanzas teñen?
Cristóbal Colón é a figura clave, dende el pódese tirar do fio para diante ou para atrás. Ulises recolle unha chegada á América, coa descripción dos xardíns naturais. No caso de San Brandán, sempre estivo relacionado co paraíso. Enlaza tamén coa figura de San Xoán Bautista, xa non como unha persoa real, senon como o símbolo do global.
Asegura que o importante na figura de Colón é o seu descubrimento ligado con Hannón. Por que?
Hannón foi un navegante cartaxenense do século VI a.C., que segundo Plinio o vello, viaxou a Arabia pasando polo Senegal, Ghana e América do Sur. Contribuíu a idea do mundo simétrico, de aí o deus Jano, que mira para Oriente e para Occidente, a mesma ideoloxía que recolle o Crismón. O texto do periplo de Hannón recuperouse no século XIV, pero puido chegarlle a través de Aristóteles. Hernando Colón advirte que as fontes do seu pai eran os escritores antigos que dicían que a 40 días de navegación cara occidente había terra.
Que leva a un veciño do Dubra a convertirse no principal descubridor do mundo occidental?
Ninguén cuestiona que Leonardo Da Vinci nacera en Amboise, unha localidad a 20 quilómetros. de Tours, por que sorprende que Colón nacese a esa mesma distancia de Santiago? Dende sempre a cidade estivo volcada cara occidente, como a súa catedral que mira cara ao outro lado do Atlántico. Cando o fillo, na páxina 60 da súa biografía, di que foi a Xénova na procura da súa orixe, non atopou nada, porque non era de alí. Antes de tomar o seu nome “artístico” facíase chamar Bartolomeu Columbus de Terra Rubra e no seu falar utilizaba palabras propias desta zona como axexar ou cativo, un estudo etimolóxico que eu mesmo realicei. Cando se teñan os resultados de ADN poderase situar mellor a súa orixe.
Non comparte a teoría de que Colón e Pedro Madruga foron a mesma persoa. Por que?
Comparto o primeiro punto no que se basea o estudo de Alfonso Philippot, o da lingua. Está demostrado que Colón falaba galego, pero descoñece a simboloxía masónica e inventa personaxes para encher o baleiro, como a suposta nai, Constança Colón, da que non existen probas de vida. Non sabe o motivo polo que chamou Xamaica á súa illa favorita, que está en relación con Xoán Bautista e mesmo co deus Jano. Incluso o nome escollido por Columbus é tamén unha evocación Bautista. Arranz Márquez, en “Colón: Misterio e grandeza” que para desvelar o enigma colombino hai que ir ás fontes do seu proxecto. O resto son conxecturas.
Se a identidade non é o importante, por que se molestou tanto en ocultar a súa orixe?
Deixou un enigma para que se resolvese. É perturbador que 500 anos despois, eu, tamén con familia orixinaria do Val do Dubra, me atope con Colón. El entrou a formar parte da Historia; despois de facer catro viaxes, escribíu profecías e entrou no xogo dos enigmas para ocultar os coñecementos que á Igrexa non lle interesaba que chegaran ata a poboación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último