O Circo de Pinocho chega a Samil con funcións ata o día 11 de maio
Trátase do primeiro circo de carpa galego e en galego, onde se mesturan os números máis clásicos do circo cun fío conductor de teatro musical
Educateatro Producións sae dos teatros para poñer en escena o seu novo espectáculo en carpa, Circo de Pinocho. O proxecto de maior envergadura dos creadores de Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella e O mundo máxico de Pinocho, instalarase Samil dende mañá ata o día 11 de maio. As funcións serán este sábado ás 18:00 horas e o domingo ás 12:00 e ás 18:00. A vindeira semana, o xoves (festivo), venres e sábado ás 18:00 e o domingo tamén ás 12:00, ao igual que os días 9, 10 e 11 de maio.
A montaxe convértese así no primeiro circo galego e en galego, e combina o teatro musical cunha escolma dos números máis tradicionais do circo, empregando como fío conductor a Pinocho.
Durante as dúas horas de función, descanso incluído, o público acompañará ao protagonista a cumplir o seu soño de montar un circo. Para iso, Gepetto construirá aos bonecos que, coa maxia da Fada Mimadriña, volveranse de carne e óso para ofrecer números de corda frouxa, malabares, suspensión capilar, acrobacias, trapecio, aderezadas por unha banda sonora orixinal composta por 20 cancións.
O equipo creativo, así como o elenco do circo, componse maioritariamente por artistas galegos, e conta coa colaboración do Concello de Vigo, a Xunta, o Concello de Redondela e a Comunidade de Montes de Amoedo (Pazos).
O espectáculo realizarase nunha carpa de circo con aforo para 450 persoas, comodamente sentadas en butacas individuais. Ademais, o ambigú conta con servizo de cafetería, photocall e instalacións adaptadas para cadeiras de rodas. Na representación circense non participan animais.
As entradas oscilan entre os 15 euros na grada e palcos laterais e os 20 euros no palco central. O día da estrea as localidades terán un desconto de 5 euros, e os domingos ás 12:00h, 3 euros. Xa se poden adquirir na web www.ataquilla.com ou en www.circodepinocho.gal e tamén no hall do circo, unha hora antes de cada función.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez