Cinema Mulleres e a desigualdade de xénero
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao cónsul da Arxentina en Vigo, Horacio Martín, e a coordinadora do programa “Gafas violetas”, Lorena Damonte, veñen de inaugurar no Marco a segunda edición do ciclo “Cinema Mulleres”, co que poñen o acento no audiovisual feminista para construír coñecemento compartido e fomentar pensamento crítico sobre a desigualdade de xénero no cinema. O ciclo, que contará con proxeccións audiovisuais no Marco e no Centro Cultural 25 de Maio de Buenos Aires, arrancou cun coloquio no museo no que participaron directoras, produtoras, programadoras e actrices galegas e arxentinas para reivindicar e visibilizar o papel da muller na produción audiovisual. “Queremos poñer en coñecemento da sociedade o pensamento crítico sobre a desigualdade de xénero no cinema”, afirmou Silva. “Directoras galegas e arxentinas van dialogar e compartir o seu pensamento sobre a situación das mulleres no cinema, pero tamén os seus fantásticos proxectos”. “Pretendemos que a sociedade coñeza todo o que están construíndo no audiovisual”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez