Caballero salienta que "Vigo está indo máis e máis rápido que ninguén"

DÍA DE GALICIA

No Día de Galicia, destaca o progreso da cidade, "máis forte que nunca". Mallón, autor do bando, resalta o emprendemento dos galegos

a. BAENA. vigo

Publicado: 25 jul 2018 - 05:03 Actualizado: 25 jul 2018 - 20:05

Rodrigo Romaní Trío interpretaron dous temas populares no inicio do acto, que foi pechado pola interpretación do himno galego a cargo do arpista vigués.
Rodrigo Romaní Trío interpretaron dous temas populares no inicio do acto, que foi pechado pola interpretación do himno galego a cargo do arpista vigués.

A corporación viguesa celebrou na véspera, como é cotía, o Día de Galicia. Fíxoo nos xardíns históricos de Castrelos nun acto aberto a toda a cidadanía. Nesta edición, o rexedor, no papel de anfitrión, quixo facelo dende unha cidade, referente en economía, progreso, industria ou tecnoloxía. Concepto que personalizou o pregoeiro deste ano, Enrique Mallón, secretario xeral da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime).

Pero tamén procurou amosar a cidade que triunfa en cultura, co que a cerimonia contou, ademáis de coa música de Rodrigo Romaní, coa actuación das bailarinas da academia Media Punta, campeona da Copa de Europea en distintas categorías. No ámbito das exposicións, lembrou o desenvolvemento cultural desde a creación dunha nova pinacoteca a conversión dos despachos da Alcaldía nunha sala de exposicións.

Non embargantes, para Caballero o carácter fundamental da cidade “é a supremacia da xente; porque en Vigo, o pobo é quen máis ordena; porque compartimos unha cidade e porque querémola profundamente”.

No seu discurso polo Día de Galicia “nai e señora”, o rexedor destacou a solidariedade da cidade, “sinto o orgullo de ser o alcalde dun Vigo que quere que ninguén quede tirado nas cunetas da crise”. Non esquezou os grandes proxectos da cidade como a estación do AVE, o Barrio do Cura, a Panificadora: “A ordenación provisional retomará unha gran parte do Plan de Urbanismo” e así, sinalou as Cordelerías Mar, o hotel Samil: “É a cidade, que ten máis dinamismo que nunca”.

Cíes como Patrimonio da Humanidade, os concertos de Castrelos, as luces de Nadal, O Marisquiño, as becas de inglés pero tamén a Depuradora e a cidade movilizada contra os lumes do ano pasado tiveron cabida na súa intervención. Todo forma parte da forza da cidade, que radica, según Caballero, “en estar xuntos”, “é a política compartida”. Lembrou a Carmela Silva, na Deputación, e David Regades, na Zona Franca, que forman parte “de aquel proxecto que nos trouxo ata aquí” e insistíu en que se trata dunha “oportunidade histórica”. Asegurou que o novo Goberno está con Vigo e “arranca coa Declaración de Impacto Ambiental para conseguir o AVE directo a Madrid, cunha solución ao problema da auga en caso de seca e o túnel para a autovía Vigo-Madrid”. Finalizou o discurso, parafraseando a Mandela, polo seu centenario e a Rosalía de Castro, polo 155 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos” e aínda lembrou unha efeméride máis, a que inspirou este ano o carácter vigués do Día de Galicia, o 150 aniversario da chegada de Verne, “que fixo o seu relato do progreso”.

sacrificio e éxito

Enrique Mallón, na súa calidade de pregoeiro, destacou o carácter emprendedor de Galicia, que demostraron os seus emigrantes e o feito de que sexa a comunidade no que máis medrou o superávit: “Con capacidade e sacrificio galego, pero tamén con éxito”.

Apostou por seguir “impulsando a lingua, dignificando a nosa cultura e facendo gala de convivencia en paz e harmonía para acadar beneficios económicos e sociais para todos”.

Como representante do sector metalúrxico, afirmou que contribúen a esa “Galicia puxante, sendo moitas veces pioneiros desde a cidade de Vigo”.n

Contenido patrocinado

stats