Charla sobre a vespa velutina e mais eficacia cara a destrucción de niños

condado/louriña

redacción. salceda de caselas comarcas@atlantico.net

Publicado: 23 sep 2015 - 11:27 Actualizado: 24 sep 2015 - 12:41

Un enorme niño de vespa velutina abatido.
Un enorme niño de vespa velutina abatido.

O Auditorio Municipal de Salceda de Caselas, vai acoller este venres, 25 de setembro, a partir das 20h, unha "Xornada apícola sobre a Vespa velutina" (vespa asiática), onde se vai a explicar o ciclo da mesma e as formas de loita contra ela a través da desactivación dos niños e de trampas. Para elo, contarase coa presencia de Ester Ordóñez, veterinaria da agrupación apícola de Galicia e José María Seijo, representante da Asociación de apicultores da provincia de Pontevedra.

A vespa velutina está a ser un problema nos concellos onde está a incrementar a súa poboación, existindo unha problemática na actuación e eliminación dos niños onde se instala, sobretodo os que se atopan nas polas superiores das árbores. Ven sendo moi importante que a poboación en xeral, as comunidades de montes, así como os membros de protección civil, sexan os colectivos que tenten paliar o incremento das vespas asiáticas. É malia que a Consellería de Medio Rural debería facerse cargo, non se está a dar o resultado agardado, ao ter unha demora superior a un mes na eliminación dos mesmos.

Así, desde o Concello de Salceda "estamos a remitir varias cartas á Consellería advertindo do déficit do servizo e prestándonos a colabourar na medida das nosas posibilidades, cara a que se poida deseñar un novo Plan de actuación máis eficaz, e malia que aínda non obtivemos resposta, imos seguir a tentar paliar con "urxencia" este problema que se está a incrementar no noso territorio, sendo fundamental a eliminación de avispeiros para evitar a propagación da especie, que está a danar as poboacións de abellas e a producción agrícola".n

Contenido patrocinado

stats