Cen anos a ritmo da "Muiñeira de Chantada"

Vigo

A rúa Ricardo Portela acolleu un sinxelo acto de homenaxe o día que se cumplíu un século do nacemento do gaiteiro que lle dá nome

ana baena. vigo

Publicado: 05 nov 2020 - 01:01 Actualizado: 06 nov 2020 - 01:38

A rúa Ricardo Portela acolleu o terceiro homenaxe do día ao mestre gaiteiro que lle dá nome.
A rúa Ricardo Portela acolleu o terceiro homenaxe do día ao mestre gaiteiro que lle dá nome.

Vigo foi a terceira localidade que acolleu a homenaxe a Ricardo Portela onte, o día no que se cumpriron os 100 anos do seu nacemento en Viascón (Cercedo-Cotobade). O gaiteiro Óscar Ibáñez, un dos promotores, interpretó a ‘Muiñeira de Chantada’, unha peza esencial no seu repertorio. “Cachafeiro foi o guía musical de Portela e ésta foi fundamental na súa traxectoria; ten un alma especial que a converteu nun himno, indispensable para os gaiteiros de Soutelo”.

Ibáñez sinalou que Portela a incluira en dous discos, en 1968 e en 1980, o seu primeiro traballo en solitario. “Ricardo tiña un amor profundo pola cultura galega e amais era moi ceremonioso por iso lle gustaba tanto esta muiñeira, interpretada con toque pechado”. A importancia de Ricardo Soutelo no mundo da gaita e da música tradicional pasa para Ibañez “en que foi imprescindible para unir aos vellos gaiteiros da marxe de Pontevedra coa nova xeración entre os que están Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Budiño ou os de Milladoiro para quen foi un referente técnico”.

De Portela destaca a súa defensa pola música tradicional e pola gaita galega: “Sen pecharse á evolución, sostiña que a nosa música non era inferior á que se facía noutras latitudes, revalorizou á gaita e ao gaiteiro”. Defíneo como intérprete “elegante, cun tocar culto, tiña un discurso elaborado”.

Ibáñez, quen recoñece o influxo de Portela no seu tocar, tamén intepretou “Aires de Pontevedra”, na rúa Naranxo da cidade do Lérez, mentres en Cotobade foron os irmáns Fermín e Andrés Martínez os que tocaron “Marcha Procesional do San Benito”, con toque pechado.

Contenido patrocinado

stats