O caso de Moncho Reboiras incorpórase á querela arxentina

AS coordinadora estatal de apoio a querela arxentina presenta hoxe a traxectoria do caso de reboiras

A familia de Moncho Reboiras presentou unha alegación ante o Parlamento de Galicia para que se protexa a súa memoria.
A familia de Moncho Reboiras presentou unha alegación ante o Parlamento de Galicia para que se protexa a súa memoria.

A Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina (Ceaqua) incorpórase ao caso de Xosé Ramón (Moncho) Reboiras á querela arxentina. Asasinado en Ferrol, pola policía franquista o 12 de agosto de 1975, será presentado ante os tribunais polo seu irmán Manuel Reboiras no contexto de crimes contra a humanidade.

“Con esta iniciativa damos un novo paso na loita contra a impunidade dos crimes do franquismo, e polo recoñecemento do dereito á verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición de quen durante décadas reclamaron xustiza fronte a estes crimes”, apuntaron dende Ceaqua, que explicará hoxe, no Marco, o percorrido xudicial da querela inicialmente presentada nos xulgados do Estado español, os motivos e obxectivos da querela que se presenta en Arxentina, así como a importancia de seguir avanzando na investigación e o axuizamento destes crimes, e no recoñecemento efectivo do dereito das vítimas a obter xustiza.

Á presentación ante a prensa, que terá lugar ás 12 horas, acudirán Irene Francés, avogada do equipo xurídico de Ceaqua Galiza; Julieta Bandirali, avogada do equipo xurídico de Ceaqua en Arxentina e Luis Fernández Ageitos, presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina.

Coa incorporación de Reboiras, os casos de galegos represaliados durante o franquismo que procuran xustiza nos tribunais de Bos Aires ronda a vintena. En 2010 presentouse unha causa colectiva por familiares de 16 activistas; máis tarde, en 2012, tocaríalle a quenda ao vigués Xosé Humberto Baena Alonso, fusilado en 1975, ao que se sumaría outro dos últimos executados pola ditadura, o tamén vigués Xosé Luis Sánchez Bravo. Hai cinco anos, Alexandre Bóveda e Amancio Caamaño foron os últimos en incorporarse polos delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos pola ditadura franquista.

Contenido patrocinado

stats