O cartel gañador do 8-M, no IES Carlos Casares
Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse onte ata o IES Carlos Casares para felicitar ao alumnado de 1º e 2º de ESO que resultou gañador do concurso do cartel da campaña autonómica do 8 de Marzo. No concurso estudantes de centros doutros puntos de Galicia tamén resultaron gañadores nas distintas categorías.
A proposta baixo o título de “Séculos de loita para unha sociedade xusta, democrática e igualitaria” recibiu o primeiro premio na categoría con maior diversidade de traballos presentados e focalizada especialmente no camiño que aínda queda por percorrer en prol da igualdade e as profesións.
Así, Fernández-Tapias puido compartir cos autores as súas reflexións sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, e felicitarlles pola súa creatividade, enxeño e talento.
Asemade, tivo unha especial mención para os participantes de 4º da ESO do CPR Santo Tomás do Porriño, recoñecidos pola presentación do cartel “Abraza a Igualdade” no que abordan a solidariedade entre mulleres e o empoderamento feminino.
Imaxe do 8-m
Os carteis gañadores serán adaptados para ser utilizados pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de sensibilización e promoción da Igualdade dende o organismo autonómico. O concurso forma parte das actuacións que a Comunidade Autónoma de Galicia desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Contenido patrocinado
También te puede interesar