Unha carta de Cachamuiña, na exposición de homenaxe a Vigo
A Fundación Penzol inaugura mañá unha mostra con 123 textos vencellados á cidade
Vigo na Fundación Penzol é a mostra bibliográfica e documental que mañá, inaugurarase ás 12 horas, na Casa Galega da Cultura. É unha homenaxe á cidade e o seu Concello polo seu apoio e boa acollida dende os nosos comezos en Policarpo Sanz, 24, declarou Francisco Domínguez, director da Fundación e comisario da exposición xunto a Marián Vidal.
Trátase dun total de 123 textos, entre libros e documentos, agrupados en seis seccións: Cantadores medievais do Mar de Vigo; Manuscritos, mundo editorial, libros de temática viguesa, materias gráficos e prensa. Tódolos escritos pertencen aos fondos da Fundación, tal e como explica Domínguez: O elevado número de obras de temática local e as dimensións do espazo expositivo fan imposible amosalas todas, pero o exposto ofrécenos un achegamento á historia de Vigo nos seus variados aspectos e protagonistas. O comisario recoñece que a selección supuxo a exclusión de moitas pezas de interese, que puideran botarse en falta, non obstante, os nosos fondos están en todo momento ao dispor daqueles que o precisen, engade.
A sección de manuscritos é a que acolle un maior número de curiosidades, entre elas a carta que Bernardo González del Valle, Cachamuiña, escribíu o 8 de abril de 1809 a Antonio Arias dando ordes de provisión de víveres e subsidio das tropas e o alistamento de soldados.
O documento manuscrito máis antigo é a copia realizada por Juan Ocampo entre 1670 y 1700 dun impreso de 1587, onde se daba información sobre o castelo de Penso e as loitas entre o arcebispo Fonseca e Pedro Madruga.
Destacan xoias bibliográficas como Martín Códax. Las siete canciones de amor: poema musical del siglo XII, editado por Pedro Vindel en 1915. Recóllese as testemuña de ata 27 editoriais que estiveron ou aínda están afincadas na cidade. Especial importancia ten un exemplar de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, da primeira tirada en 1863. Entre revistas e prensa diaria, hai 37 menciones: A historia do xornalismo en Vigo é moi fecunda, xa que se publicaron ata 63 cabeceiras, puntualizou Francisco Domínguez.
Esta nova proposta da Fundación Penzol estará aberta ao publico ata o 17 de novembro. É unha invitación a mergullarse na historia da cidade.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último