Carmen Santos: "O metal ten que gañar competitividade, pero non a través de rebaixar os salarios "
CARMEN SANTOS QUEIRUGA Cabeza de lista de En Marea pola provincia
Carmen Santos Queiruga (Porto do Son, 1981) é a cabeza de lista de En Marea-Podemos pola provincia as eleccións autonómicas que se celebran o próximo día 25 de setembro.
Defínese a si mesma como viguesa de adopción, e estudou Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela. Entre outros empregos, traballou no ministerio de Ciencia e Innovación. Agora é funcionaria de xestión de innovación de desenrolo no CSIC, cun alto no camiño como política en Podemos Galicia.
Que problemas identifica En Marea-Podemos en Vigo e a súa área metropolitana?
Vigo e a súa área metropolitana son o motor industrial de Galicia, e precisa dun axuste importante. Doutra banda está o saneamento da Ría de Vigo, que perxudica o entorno. Tamén a situación da sanidade da área, coa privatización dos servicio do hospital Álvaro Cunqueiro, e máis apoio as comunidades de montes.
Que ofrece En Marea-Podemos a industria viguesa?
Impulsar unha política para incentivar a industria, sobre todo o naval, medidas que fomenten o rexurdimento deste sector. A Xunta en dúas lexislaturas non adicou esforzos a isto. A automoción está ben, pero podería estar máis apoiada.
Que medidas concretas propoñedes para o metal, e en particular o naval?
Precísase un novo modelo de reconversión tecnolóxica. A competitividade non é cuestión de rebaixar os salarios. Por exemplo, fabricar para mercados que non realizan determinadas embarcacións.
Sobre o saneamento da Ría...
Non se investiu o suficiente e perxudica o entorno.Faremos un esforzo triple porque temos constancia de que o Goberno de Feijóo non investiu todo o que destinou Europa para este fin.
Que obxetivo vos fixades coa sanidade en Vigo?
A nosa medida estrela é un rescate integral do hospital Álvaro Cunqueiro, para devolverlle a xestión pública. A cidadanía non debe nin quere asumir a derivación a empresas privadas que saen máis caras que a xestión pública. Ademáis, se están pechando camas, e queremos potenciar o Meixoeiro. Pero primeiro temos que auditar a xestión sanitaria en Galicia do señor Feijóo porque é opaca.
De cara as vilas da área de Vigo, que propostas tendes?
Hai cuestións transversais que tamén son aplicables as vilas de Vigo, o saneamento da ría é un problema que afecta a O Morrazo, O Salnés... Tamén temos pensado un plan para a activicación do emprego. Estaría centrado no sector primaria, na gandeiría, pero tamén na industria, especialmente do automóbel, pero tamén a transformación e o cooperativismo. Faríamos plans locais axustándonos as economías das vilas, axudando a través de incentivos fiscais. O plan será a nivel comarcal, porque é a unidade política que está máis cerca da xente, ofreceremos atención a cidadanía en todos os aspectos. E revisaremos a sanidade.
Que modelo de sanidade defenden para as vilas da área metropolitana?
Temos que estudialo. Teñen que recibir a mesma atención os que viven nas urbes que os que están no interior. Agora mesmo están nunha situación de déficit de atención.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último