Carmela Silva reivindicou o uso do galego nun acto en Albacete
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Deputación de Pontevedra foi de novo exemplo de boas prácticas na xornada da Rede Nacional de Entidades Locais da Axenda 2030, celebrada onte en Albacete, onde Carmela Silva reivindicou o uso de galego, coincidindo coas Letras Galegas. A presidenta da Deputación comezou a súa intervención en galego e sinalou que “a lingua é patrimonio inmaterial que forma parte da propia Axenda 2030”. Debullou a estratexia realizada para conseguir os obxectivos da Axenda 2030 na provincia, tanto na acción da administración como na colaboración con todos os concellos, particularmente cos do rural, unha estratexia que supón a transversalidade dos ODS a toda a acción política da Deputación. Apuntou Carmela Silva sinalou que “sempre tivemos clarísimo que as persoas son o primeiro e que o noso obxectivo é recuperar o 50% do espazo público no territorio”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar