Carlos Núñez: "Unir a gaita e o trap é un canonazo"

O músico vigués volta a casa por estas datas para ofrecer o seu clásico concerto de Nadal no teatro García Barbón

Publicado: 23 dic 2022 - 00:33 Actualizado: 23 dic 2022 - 11:40
Carlos Nuñez actuará esta noite no teatro García Barbón.
Carlos Nuñez actuará esta noite no teatro García Barbón.

Nas vésperas de Noiteboa, Vigo cumpre cunha das súas tradicións navideñas: o concerto de Carlos Núñez, que volta a casa por estas datas. Dende hai tempo ten asegurado o aforo completo, polo que dende a promotora decidiron poñer xa hoxe á venda as entradas para o concerto do ano que ven, ao igual que fan co de Barcelona.

Presentará as novidades dos vindeiros meses e estreará o tema “Danza de espadas”, onde mestura a tradición galega co ritmo da música urbana, coa implicación do produtor vigués de 18 anos, Yung Denzo (colectivo YNGZ) e de Xurxo Núñez. O tema superou as 5.000 descargas en Spotify nas primeiras 24 horas. “Unimos a gaita e o trap, e resultou un canonazo, estou encantado con esta colaboración; cando comezaba na música, ensinábanme xente maior, como Milladoiro, Paco de Lucía ou The Chieftains, pero agora estou a aprender dos que teñen 20 anos”, recoñece o gaiteiro vigués, que neste traballo asegura ter cumprido un soño da nenez. “Dende os 13 anos quixen facer algo coas danzas de espadas, teñen unha música hipnótica e aquí dámoslle unha nova visión; estou feliz porque lles está a gustar a xente de distintas idades”.

Do seu partener, Yung Denzo, non ten máis que palabras positivas. “Como os da súa xeración, a súa actitude é moi positiva e aberta para experimentar e coñecer a música tradicional; cando era mozo case nos facían bulling por tocar a gaita, eramos os raritos, na época da Movida non molaba, había que ser moi forte para ir por ese camiño, pero agora a música tradicional é como a comida vegana, algo orgánico que respectar”. Así, Carlos Núñez sube un novo chanzo na súa experimentación coa música electrónica, un estilo co que coquetea dende os 90, anos nos que comezou traballar co equipo de Peter Gabriel.

O gaiteiro vigués pecha un ano no que se reafirmou do potencial do mundo celta ao longo das súas xiras internacionais, principalmente por Reino Unido: “Dende alí sempre miran para Galicia sabendo que estamos aquí, viven coa pantasma imaxinaria de que o paraíso está aquí, enlaza coas lendas celtas, que segue moi presente neste mundo, por iso reivindico a marca Celta como algo moi noso, un fenómeno eu tan séculos”. Núñez define este mundo como “unha plataforma que nos representa, ao igual que o Camiño de Santiago, forma parte do europeísmo; os ingleses decatáronse desa importancia, podemos aprender deles porque son moi bos vendedores do seu”.

Lembra que o primeiro festival Celta de Galicia tivo lugar en Vigo no ano 1964.

Contenido patrocinado

stats