METEOROLOGÍA
Una masa de aire frío y nevadas reciben el invierno
Carlos Blanco (Vilagarcía de Arousa, 1959) presentará hoxe, ás 20.30 horas, no Auditorio Mar de Vigo un novo espectáculo “A penúltima” con monólogos R. Co gallo da súa visita falou para Atlántico do humor galego en xeral e da súa proposta en concreto
Por que “A penúltima”?
Os títulos nunca son casuais. Xa teño 66 anos e hai que ir pensando en marchar dos escenarios, aínda que non teño presa, de aí ese concepto da penúltima, pode ser unha ou dúas, pero xa coa mente en que hai que ir para a casiña.
Xa son moitos anos como monologuista?
Pois máis de 30. Foi de xeito intermitente porque tamén fixen teatro e traballei moito na radio. Comecei como unha afección ata que se converteu en parte da profesión e os fun compaxinando coa interpretación. Non foi premeditado, xurdiu así. Xa debo levar máis de 2.000 actuacións. Non sei, son un desastre para as cifras. Só teño claro que hoxe (por onte) hai 10 anos que casei (risos).
Como mudaron as cousas neste tempo?
Nestes 30 anos mudaron bastante. Hai temas que retirei porque igual xa non son compresibles na sociedade actual. Sen falar dos meus monólogos, agora xa non se fan chistes de mariquitas ou de gangosos, pasaron de moda. Non serían ben recibidos, ao igual que o humor machista. Amais está a presenza dos móbiles que transformou a nosa vida. Hai 25 anos tiña un espectáculo chamado “Humor Neghro”, que presentamos nun instituto. Escapouse un vídeo por un fallo técnico, se fora hoxe, crucifícannos e rematan coa miña carreira como monologuista. Neste tempo hai que andar “con pés de lá”, utilizando a expresión galega de ter mil coidados. Calquera metedura de pata pode converterse en viral.
Hai un maior control sobre o comportamento das personaxes públicas?
Sempre foi así, pero agora existen documentos. Hai 20 anos podías ofender a alguén no teatro, que como moito marchaba ou escribía unha carta ao xornal, pero agora inmortalízante. A imaxe que quedou de Fernando Fernán Gómez foi a frase “¡Váyase usted a la mierda!”, un improperio nun momento de enfado nun home que tiña una exquisita educación, que era unha persoa amable, unha enciclopedia humana. Eu traballei con el, era encantador, pero non serve de nada. Só se lembra iso. Non só nos pasa a nós, pode acontecerlle a calquera.
Monólogos R tráeo a actuar a Vigo e a Coruña. É distinto que facelo nas vilas?
Diferénciase o público do interior ao da costa, o de Chantada e o do Grove. Uns escoitan mellor e os outros son máis expresivos. Nas cidades, os espectadores son máis xenerosos.
O humor galego vive un bo momento?
Non sei, creo que si. Hai xente magnífica como Touriñán, Pepe Suevos, Fede Pérez e sobre todo, hai rapazas, algo moi interesante e fundamental para o humor. A miña teoría que hai menos mulleres nos monólogos, non porque non sexan graciosas, senón porque se queiman ao actuar ante babosos machistas nos bares. Non hai mellor escola para un humorista que o bar, é un paso obrigado antes de actuar no teatro. Pero alí se atopan cretinos con algunha copa de máis e outra sustancias, é lóxico que moitas se queimen de “dar margaridas aos porcos”. As rapazas que seguen son moi valentes, admíroas moitísimo e son moi necesarias para darnos outra visión diferente do humor.
Hai machismo no público?
Claro, hai machismo nunha parte da sociedade, Atópase nese 20% que vota á extrema dereita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar