A canteira local destaca no audiovisual

A Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización, CREA, volverá a convertir San Simón nun taller creativo

Fon Cortizo, de CREA; Marta Fernández Tapias, Jacobo Sutil e Araceli Gonda, de DAMA.
Fon Cortizo, de CREA; Marta Fernández Tapias, Jacobo Sutil e Araceli Gonda, de DAMA.

Uns 200 candidatos aspiran a ser os cinco escollidos dos seis participantes no laboratorio audiovisual Conecta Lab, que a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realizción CREA organizará do 19 ao 29 de abril na illa San Simón. O 40% son longametraxes liderados por mulleres e un 30% proxectos en galego. “Alí culminaremos un acompañamento que vende dende atrás, moitas veces o que precisan os profesionais é que os escoiten”, afirmou Fon Cortizo, presidente de CREA, que onte presentou a nova edición, xunto a Araceli Gonde, de DAMA, que organizará master class o mais personalizadas posible. Ao acto acudiron o director de Agadic, Jacobo Sutil, e a delegada da Xunta, Marta Fernández Tapias, que apoian economicamente as xornadas. Volverá a incluír seccións como Arraianos para entablar lazos co audiovisual portugués.

O sexto participantes será elixido o 20 de xaneiro entre os participantes entre os asistentes a Conecta Plus, que abriu onte o proceso de inscrición. “É un encontro de profesionais que por primeira vez se celebra en Vigo, nas últimas citas notouse que incrementou a participación do sur”.

Contenido patrocinado

stats