A canteira das mellores regueifas tamén en Vigo
A segunda Edición do Certame Provincial de Regueifa ten xa os seus gañadores: o IES Pintor Colmeiro de Silleda, o CPR Quiñones de León e o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Todos eles, a través da súa cativada, amosaron grande imaxinación, gracia, e un amplo dominio da lingua galega na improvisación das súas coplas, segundo destacaron o presidente do ORAL Galicia, Carlos Alonso, e a responsable de Lingua da Deputación de Pontevedra, María Ortega, impulsores da iniciativa.
A final do Certame tivo lugar onte en Valadares, e para chegar a ela desenvolvéronse varias cribas ata chegar as e os gañadores: unha primeira fase por grupos na que quedaron 20 mozas e mozos seleccionados, e outra na que dos 20 restantes escolléronse as e os catro regueifeiros gañadores a nivel individual (ex aequo).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas