"Cando chegou o timbre ás casas a fins do XIX, tamén o fixo a máquina de tatuar"

A tatuaxe contemporánea xa forma para da sociedade e incluso do noso patrimonio. Así teno amosado Cobe Edge, responsable do estudo “Tatuaxe Clásica Obradoiro”, que onte presentou os primeiros episodios do documental “Finis Terrae. Tatuaxes dende a fin do mundo”.

Cobe Edge (esquerda) presentou onte os tres episodios da serie “Finis Terrae. Tatuaxes dende a fin do mundo”.
Cobe Edge (esquerda) presentou onte os tres episodios da serie “Finis Terrae. Tatuaxes dende a fin do mundo”. | Juancho Everman

“Levo anos coa teima de xerar contido en galego, primeiro do ámbito da música e agora chegamos o audiovisual cun proxecto de autoxestión”, indica o promotor do evento. Na primeira tempada, amosarán como distintos tatuadores intervirán no o brazo dunha muller, xerando unha creación colectiva con cada achega personal.

“Como tal non existe aínda unha escola galega de tatuadores, é certo que hai autores que se inspiran na tradición galega ou en Castelao. Na segunda tempada queremos achegarnos a estes nomes”.

A orixe da tatuaxe actual sitúase na chegada da electricidade. “A finais do século XIX chegou o timbre ás casas, e tamén o fixo a máquina de tatuar enchufable”. Cobe Edge recoñécese como artesán e sinala, que pese a ter un oficio creativo, “traballamos para o cliente, non para o noso ego e non sempre é sinxelo de asimilar”.

Considera que dende 2008 Vigo viviu o bum da tatuaxe. “Moitos artistas pop e futbolistas comezaron a lucir tatus, la demanda medrou e dos trece estudos que había en 2025 pasamos hoxe a ser preto de 60”. Sinala que o perfil que chega pola súa tenda é moi variado e internacional. Coa cuestión sanitaria controlada trala regulación de 2004, recomenda aos clientes que teñan claro o que queren, “que invetiguen estilos, por cada deseño case ten un tatuador. Deben pensar que é para sempre, os métodos para eliminalos son moi caros e dorosos”.

Contenido patrocinado

stats