Aeropuerto de Vigo
Peinador vuela alto: mejora un 20% por el cierre de Santiago
Fernando Alonso dispón dunha colección de 49 variados taboleiros
Hainos de Brasil, Senegal, Perú, China ou Turquía, por citar algúns países.
Temos os que reproducen, nas súas pezas, acontecementos históricos, como Mouros e Cristiáns, Afonso X, Histórico de Álava ou o Camiño de Santiago.
Están ademáis aqueles que recrean persoaxes de películas como Harry Potter, O Señor dos Aneis, Os Simpsons ou a Guerra das Galaxias.
MOTIVOS FUTBOLÍSTICOS<7> E, como non ía ser doutro xeito, temos os motivos futbolísticos; neste caso dunha clara tendencia, os que recollen as moitísimas copas gañadas polo Real Madrid ao longo da súa historia, e os que reproducen as clásicas figuras de calquera taboleiro. Uns son de pedra, outros de metacrilato, madeira, marmolina e moitos de madeira. Algún electrónico, outros artesanías, e incluso feito polo propio Fernando coa axuda da súa dona, e un para invidentes. Casi non póedese pedir máis. Quizais entre os máis curiosos e artesanais, poderiamos citar o que lle regalou Arturo Martínez Carrero, de Camposancos, feito con materiais reciclados (parafusos, tuercas, ganchos, etc.), e co taboleiro que dispón as casillas que aparecen dispostas en distintas alturas.PROCEDENCIA Doutra banda, a maioría dos xadreces de Fernando Alonso Rodríguez proceden de agasallos de familiares e amigos, o último que recibiu foi un xadrez aragonés; outros mercounos, como o máis recente, A Guerra das Galaxias, que adquiriu en Vigo, explica o protagonista que aproveitando a rebaixa dun establecemento que ía pechar as súas portas. A colección de xadreces de Fernando Alonso Rodríguez que xa se espuxo, aínda que con menos taboleiros, no Recreo Artístico Guardés e nos salóns da Asociación Cultural Os Amigos de Camposancos, recibiu na última exposición moitas visitas no tempo que estivo no Pavillón de Deportes da Sangriña (A Guarda) coincidindo coa celebración da undécima edición do Torneo de Xadrez Concello da Guarda,e ata houbo afeccionados interesados sen adquirir algúns dos taboleiros coas pezas expostas, pero quedáronse decepcionados nesta súa tentativa, porque no estaban á venda.UN TESOURO Son en conxunto un verdadeiro tesouro, e con seguridade valerá moito máis no futuro, aínda que Fernando Alonso non pensa en iso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último