Un camión perde parte da súa carga e obriga a cortar dous carrís dunha rúa de Vigo durante case unha hora

Un camión que transportaba refrescos perdeu parte da súa carga cando circulaba pola céntrica rúa Colón de Vigo, o que provocou que houbese que cortar os dous carrís de suba existentes durante practicamente unha hora, entre as 16.40 e as 17.35 horas; se ben os efectivos da Policía Local reconduciron o tráfico a través do carril bus.

Agencias

Publicado: 10 ago 2011 - 20:40 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:39

Segundo informan fontes da Policía Local, o vehículo subía pola rúa Colón cando, á altura do cruzamento con Uruguai, perdeu entre 30 e 40 caixas de refrescos, que caeron á calzada.

Esta situación provocou que quedasen cortados os dous carrís de suba, polo que os axentes desprazados á zona canalizaron todo o tráfico a través do carril bus, utilizándoo para ambos os dous sentidos -tanto de suba coma de baixada-.

Debido a que o firme quedou escorregadizo, a consecuencia da caída das caixas de refresco, habilitouse o carril bus -de baixada- e un dos dous carrís de subida, mentres que o outro quedou cortado, á espera de que acudan os bombeiros e efectuen labores de limpeza para evitar posibles derrapaxes.

Contenido patrocinado

stats