Brindis con Ribeiro por Carlos Casares no seu café de tertulias

vigo

O historiador Xavier Castro estableceu os vencellos entre a cultura do Viño e Literatura

a. baena. vigo abaena@atlantico.net

Publicado: 09 nov 2017 - 03:31 Actualizado: 10 nov 2017 - 01:22

Xavier Castro e Cristina Alcalá (segundo e terceira pola esquerda) participaron no brindis por Carlos Casares con amigos do escritor.
Xavier Castro e Cristina Alcalá (segundo e terceira pola esquerda) participaron no brindis por Carlos Casares con amigos do escritor.

nnn O espíritu de Carlos Casares regresou onte ao café Alameda, agora convertido en Vitruvia. Nese espazo, próximo á editorial Galaxia que dirixíu ata a súa morte, organizaba sonadas tertulias literarias. Así, dende a Denominación de Orixe Ribeiro, quixeron onte recoñecer a súa contribución á cultura coa colocación dunha placa e un brindis con viño tinto e branco procedente das súas adegas, elaborados con uvas de variedades 100% autóctonas. Foi un momento emotivo que compartiron amigos e compañeiros de Casares.

Á seguir, o local acolleu as segundas xornadas de "Cultura do Viño e Literatura", promovidas pola Denominación de Orixe, nas que o escritor vigués compartíu protagonismo con outro referente da literatura galega, Otero Pedrayo. O vencello de ambos con Ourense e o compromiso coa cultura do viño xusficaron a presenza nestas sesións, dirixidas polo historiador Xabier Castro.

As segundas Xornadas de Outono consistiron nunha conferencia multimedia, onde se intercalaron datos dos protagonistas e o seu vencello co Ribeiro. Música e lecturas completaron o programa, no que tamén participou a xerente do Consello Regular da D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, quen falou da situación das bodegas que acolle: "É a denominación máis antiga de Galicia e o que tentamos é por en valor esa esencia galega, reivindicando á paisaxe, a terra e a cultura". Calificou de "doce" o momento que está a vivir a Denominación de Orixe do Ribeiro "recuperando posición e recoñecemento".

Estas xornadas de "Cultura do viño e Literatura" iniciáronse en Barcelona e continuará polas cidades galegas, como fixeron hai un ano coas adicadas a Cervantes. En canto a Carlos Casares, este serán, ás 17 horas, recibirá outra homenaxe na cidade. Será na Casa Galega da Cultura de man da Real Academia Galega.n

Contenido patrocinado

stats