Brétemas apoia a difusión da cultura, música e lingua galegas

Menos dun ano despois da súa posta en marcha, a asociación do 'Festival das Brétemas', co gallo da celebración das Letras Galegas, aposta claramente pola defensa, apoio e difusión da cultura, a música e a lingua galegas.

r.t. ponteareas
Publicado: 07 may 2013 - 08:00 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:26

Charlas, curtametraxes, actividades de ocio para cativos, festas e festivais, son os soportes elixidos por este colectivo aberto a toda proposta de personas ou asociacións non sexistas, xenófobas ou racistas, que estean comprometidas co respecto as personas e o medio ambiente. Desta vez, no mes de maio, mes das flores, as letras, cultura e poesía, o 'Festival das Brétemas' fará posible que Galicia e Palestina sexan os protagonistas da axenda cultural no Condado con actividades na semana do sábado 11 ao venres 17. Concretamente o sábado 11 de maio, coincidindo coa celebración do 'Día do Nackba Palestino', proxectaranse curtametraxes sobre o conflito árabe-israelí; inaugurarase unha mostra fotográfica do artista colombiano Omar Castañeda e o doutor palestino Mohamed Safa, impartirá unha conferencia. Todo, no Auditorio Reveriano Soutullo. No mesmo lugar, o mércores 15, Festival de Cine árabe 'Amal', ás 17 horas. E o día 17, ás 16 horas actividades infantís con talleres de historia do Bardo Abelardo; ás 18 horas, na Casa da Triga, charla de Teresa Moure, Servando Barreiro, Lara Gonçales, Uxía Morán e Roberto Roget.

Contenido patrocinado

stats