Os Bolechas, protagonistas da Reconquista
Os criaturas de Pepe Carreiro protagoniza a loita contra os invasores franceses, recreando lugares reais da cidade
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presentou onte un libro e unha unidade didáctica centrados na Reconquista dirixidos a escolares do primeiro ciclo de primaria da cidade e que teñen como principal protagonista aos Bolechas. Na presentación da obra tamén participou o seu creador, Pepe Carreiro. Queremos que a historia de Vigo chegue aos máis pequenos e pensamos que este libro e esta unidade didáctica son bos instrumentos para coñecer e lembrar a historia da cidade, salientou.
O nacionalista explicou que o obxectivo era proporcionar un instrumento que fora doado de entender e dun xeito áxil, polo que se decidíu reeditar o libro dos Bolechas na Reconquista de Vigo. Serán 20.000 os exemplares que se repartirán para que os máis pequenos se acheguen á historia de Vigo. Cos Bolechas deuse na clave para achegarse ao público infantil, afirmou o nacionalista, quen adiantou que estes personaxes formarán parte da festa da Reconquista. Pola súa banda, o seu creador, Pepe Carreiro, explicou que coincidindo co Bicentenario da Reconquista se reeditou este libro. Oconto narra a historia da tataraboa dos Bolechas, e permite aos máis pequenos facer un percorrido por lugares históricos que áinda hoxe poden visitar. Pepe Carreiro explicou que a Reconquista é unha historia complexa, nunha época convulsa pero moi interesante, chea de matices que é difícil sintetizar para os máis pequenos. Asemade, sinalou que esa complexidade a solventou mediante unha historia de amor entre a tataravoa e un soldado francés e fuxindo da idea de que os vigueses eran os bos e os franceses os malos, pese aos problemas que plantexa un exército invasor, indicou. Espero que os nenos se divirtan e que lembren a súa historia, manifestou. O tenente de alcalde lembrou que para os alumnos vigueses de Educación Secundaria Obrigatoria está convocado un concurso sobre a Reconquista e sinalou que a aula gañadora terá como premio unha viaxe a París, mentres que os os segundos clasificados poderán gozar dunha viaxe a Lisboa. O prazo de presentación destes traballos está aberto ata o 29 de marzo en Quiñones de León.
Contenido patrocinado
También te puede interesar