Os Bolechas, os novos guías polos mundos oceánicos

vigo

Os irmáns de sona na literatura infantil galega son agora en anfitrións no Instituto Español de Oceanografía polos seus 100 anos

m.n. vigo localad@atlantico.net

Publicado: 01 dic 2017 - 03:30 Actualizado: 02 dic 2017 - 02:04

Pepe Carreiro, Victoria Besada e Mercedes Rodríguez Moreda, onte na presentación do libro.
Pepe Carreiro, Victoria Besada e Mercedes Rodríguez Moreda, onte na presentación do libro.

nnn As criaturas literarias de Pepe Carreiro presentan unha nova aventura, que ten lugar nesta ocasión no Instituto Español de Oceanografía. Trátase dunha guía coa que fan un percorrido polas distintas actividades e labouras que se realizan no IEO, dende a acuicultura, pasando pola investigación mariña en laboratorio ata as expedicións científicas no buque RamónMargalef. Asemade, procura a concienciación dos rapaces na coidado e protección dos mares e dos océanos.

Así, coincidindo co centenario da institución, envíaranse uns 900 exemplares, financiados pola Xunta, a tódolos centros de primaria de Galicia e ás bibliotecas públicas da provincia. A presentación oficial desta nova publicación de Os Bolechas, que xa conta con máis de 300 títulos, fíxose no Día da Acuicultura nun acto no que se fallou o concurso de maquetas "Acuicultura de Reciclaxe". Os alumnos gañadores, dos centros Atalaya Cantabria e Escolas Nieto, visitaron tamén onte a Pranta de Cultivos e participaron en diversos obradoiros, entre eles, un impartido polo propio Carreiro.

No acto de presentación tamén interviron, Victoria Besada, directora do Instituto Español de Oceanografía e Mercedes Rodríguez Moreda, directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.n

Contenido patrocinado

stats