Os Bolechas amosan aos cativos á porta cara Santiago

vigo

Os irmáns con máis sona da literatura galega abriron no Museo do Mar a nova campaña de dinamización do uso do galego

m.n. vigo

Publicado: 20 sep 2020 - 02:23 Actualizado: 21 sep 2020 - 02:53

O Museo do Mar acolleu onte a estrea de “Os Bolechas e a porta de Santiago”
O Museo do Mar acolleu onte a estrea de “Os Bolechas e a porta de Santiago”

nnn Ante un aforo reducido distribuido en 18 cadradantes independentes, cumprindo coa distancia de seguridade, os Bolechas ofreceron onte no Museo do Mar a primeira representación da nova xira a prol do uso do galego.

O show foi presentado polo secretario de Política Lingüística, Valentín García, quen convidou aos cativos a se fixar na lingua utilizada polos personaxes da historia: “esa é na que temos que falar; son nenos coma vós, viven nunha cidade e divírtense en galego”.

Cunha posta en escea sinxela, a recreación dunha máquina transportadora con luces que chiscaban e os bonecos a modo de monicreces, os Bolechas captaron a atención dos máis pequenos dende o minuto un.

Os seis irmáns e o seu can Chispas puxeron en apretos ao técnico da Porta do Camiño, unha máquina especial que levaba aos peregrinos ata o routeiro elixido para facer o Camiño de Santiago. A interacción co público foi constante e os nenos, acompañados polos seus pais, tomaron contacto co galego ao tempo que xogaban e se divertían.

El espectáculo continuará a súa itinerancia por 21 localidades. Amais o programa FalaRedes conta cun segundo espectáculo, “Minia convidate a xogar”, da compañía Teatro Babaluva.n

Contenido patrocinado

stats