O BNG, optimista cara as eleccións municipais de maio

Publicado: 18 feb 2023 - 00:00

Xabier Igrexas, do BNG.
Xabier Igrexas, do BNG.

O BNG vén de presentar as bases do seu programa aberto e participativo a 100 días das municipais para construír un Vigo “máis verde, igualitario e socialmente xusto, e que recupere o seu papel como pulmón industrial de Galicia”.‘Vigo máis alá’ é o lema e Xabier Igrexas o candidato por segunda vez. Sinala que hai máis pobres trala pandemia: “o Concello recibe un 60 por cento máis de solicitudes de axudas sociais, hai 11.000 traballos menos que hai uns anos”, e respira optimismo: "32.000 vigueses votaron ao BNG nas últimas galegas, estamos preparados para dar un grande salto, e colocar o nacionalismo ao servizo desta cidade. Moitos viguses sentense orfos e un 40% dos viguese aínda non saben que van votar", dixo. “O noso proxecto é aberto, positivo e construtivo. Unha alternativa sólida e rigorosa. O 2023 vai ser o ano no de trazar, co voto, un novo rumbo e definir un novo horizonte para a nosa cidade evitando que sigamos quedando atrás”, afirmou. O BNG tocou o ceo e chegou a ter oito concelleiros e a Alcaldía entre 1999 e 2003. E quedou sen representación entre 2015 e 2019. Igrexas asegurou que os próximos comicios son unha oportunidade para superar a actual “inercia paralizante e a política frívola que pretende reducir Vigo a un parque temático”. Nese sentido, defendeu a necesidade de “resetear en positivo a cidade poñendo as persoas no centro das políticas municipais, atendendo as necesidades reais, acabando co abandono dos barrios e parroquias e devolvendo a Vigo o seu papel en Galicia.

Contenido patrocinado

stats