O BNG aposta por un Consorcio de Mar e Ciencia con sede en Vigo

vigo

Presentou no Castro a súa proposta en proxectos de investigación e innovación por 320 millóns de euros dos fondos europeos

a. baena. vigo

Publicado: 27 feb 2021 - 00:19

Ana Pontón, flanqueada por Xabier P. Igrexas e Ana Miranda, presentou o seu plan de I+D+i no Castro.
Ana Pontón, flanqueada por Xabier P. Igrexas e Ana Miranda, presentou o seu plan de I+D+i no Castro.

nnn O miradoiro do Castro foi a contorna elixida polo BNG para dar a coñecer o seu programa de propostas no ámbito do I+D+i, que defenderán ante a comisión técnica do Parlamento para acceder aos fondos europeos de recuperación, no que destaca a aposta pola creación dun Consorcio do mar e a tecnoloxía, que tería sede na ETEA . “Vigo é a ubicación ideal, porque esta cidade non se entenden sen o mar e as súas industrias”, afirmou Ana Pontón, a voceira nacional nun acto no que estivo acompañada pola eurodeputada, Ana Miranda e o concelleiro vigués, Xabier P. Igrexas. Este Consorcio encargaríase de estudar a contaminación, os cambios climáticos e uso dos productos do mar.

“Temos que aproveitar os únicos recursos que se ofertan dende a pandemia”, engadíu Pontón. O Consorcio forma parte das propostas que integra o seu programa “Xerar futuro, Galicia Next”, unha lista de iniciativas en máis de 30 ámbitos e que supoñen un investimento en ciencia e innovación de 320 millóns de euros. “O covid deixou claro que temos que desenvolver outro modelo económico que non se basee tan só no sector servizos, senón que favoreza novos ámbitos do I+D+i, nos que Galicia ten un gran potencial”, afirmou.

Plantexa a creación dun centro público de investigación, Innogal, “é necesario para captar e reter o talento, xa que un dos problemas de I+D+i é a falta de persoal causado por errores políticos”.

O segundo piar do programa é fortalecer a investigación nas universidades como vías de transferencia de coñecementos das empresas. Así como dicitalizar as esctructuras universitarias, crear viveiros de empresas con base tecnolóxica ou un organismo público e privado que fabrique material de investigación.

“É unha aposta decidida por un novo modelo económico verde e sustentable, cunha Galicia máis moderna e científica”. Así, Pontón insistíu na necesidade de incrementar o investimento en investigación nun 2,5% do PIB. A este respecto, Ana Miranda indicou que a media galega está moi por debaixo da europea.n

Contenido patrocinado

stats