O Blusens perde a categoría ó caer en Pozuelo

RUGBY

O Vigo Rugby regresa á División de Honra B tras catro tempadas na máxima categoría

j.c. vigo deportesad@atlantico.net

Publicado: 04 may 2015 - 13:44 Actualizado: 05 may 2015 - 12:35

Muñiz e Salgado tratan de placar a Canosa no partido de onte en Pozuelo.
Muñiz e Salgado tratan de placar a Canosa no partido de onte en Pozuelo.

Sen vitorias dende novembro, case sen puntos nos últimos meses. O Blusens Universidade de Vigo perdeu onte a categoría tras varios meses de moitos desgustos, problemas e situacións complicadas. A perda de categoría chegou en Pozuelo ante o CRC, pero tivo a súa principal orixe nos tres desprazamentos con derrota realizados ao País Vasco na segunda volta. Especialmente duro foi caer ante o Hernani que, tras facer o percorrido inverso ó equipo vigués, onte gañou ó Barcelona para salvar a categoría de forma definitiva porque é o equipo catalán o que xogará a promoción de descenso.

De regreso ó partido de onte, o equipo dirixido por Alberto Mera saiu ó terreo de xogo co condicionante de ter a Tatafu no banco pola lesión sufrida a pasada semana ante a Santboiana. Aínda así, o Blusens realizou un dos seus mellores partidos lonxe das Lagoas e mandou durante toda a primeira metade. Un golpe de castigo transformado por Antoine sería respostado por Maguna e, a continuación, por Tito, para un 6-14 esperanzador no ecuador da primera metade.

Non obstante, o CRC reaccionou con celeridade e acurtou distancias. Volveu a facer un ensaio o conxunto vigués por medio de Uruburo pero, como tantas outras ocasións este curso, os de Alberto Mera encaixaron unha nova marca xusto antes do intermedio para deixar o tanteador nun 18-19, que semellaba pouco premio para o traballo feito. Quedaba unha longa segunda metade.

Na reanudación fíxose tan longa como a tempada. Sen anotacións do Blusens, o CRC púxose por diante co 21-19 e así transcorreu o partido ata os dez minutos finais. O equipo local sentenciou con dous ensaios nos últimos dez minutos, cando quedaba claro que o Hernani gañaba o seu encontro, o que facía inútil o esforzo vigués.

Descenso tras catro anos históricos na División de Honra. Péchase un ciclo de bo rugby. En semanas poderá comezar outro.

CRC Pozuelo:

González (Lamas, min. 68), Cantarero (Soler, min. 75), Ibarburu (Narváez, min. 75), Romero (Ojeda, min. 53), Salazar, Monilledo, Taylor (Ramírez, min. 63), Brasca; Lerín (Lobejón, min. 77), Antoine Sánchez, Fernández-Manchón, Canosa, Barredo, Vázquez (Cloppet, min. 41), Molina.

Blusens Universidade de Vigo:

Ferreras (Juan Rodríguez, min. 71), Vicente Prieto "Tito" (Moure, min. 71), Muñiz (Redondo, min. 77), Carlos López (Tatafu, min. 67), Berlande (Pedro González, min. 77), Adrián Fernández "Gambita", Rubén Rodríguez (Murray, min. 41), Mbiyozo (Salgado, min. 44); Vera, Maguna; Riveiro, Abadía (Paul González, min. 71), Parga, De Cabo, Uruburo.

Anotaciones:

3-0, min. 2: golpe de Antoine; 3-7, min. 8: ensaio e transformación de Maguna; 6-7, min. 8: golpe de Antoine; 6-14, min. 21: ensaio de Tito, que pasa Maguna; 13-14, min. 26: ensaio de Canosa, que pasa Antoine; 13-19, min. 26: ensaio de Uruburo; 18-19, min. 39: ensaio de Fernández-Manchón; 21-19, min. 47: golpe de castigo de Antoine; 28-19, min. 71: ensaio de Ramírez, que pasa Antoine; 35-19, min. 77: ensaio de Lerín, que pasa Antoine.

Árbitro:

Jorge Molpeceres. Amosou cartón amarela que conleva dez minutos de expulsión a Antoine (min. 78) polo CRC e a Parga (min. 67) polo Blusens.

Contenido patrocinado

stats