A Bienal de Arte máis viguesa comezará nunha semana

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou onte as setes microexposicións

Publicado: 26 may 2010 - 09:52 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:35

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o conselleiro Roberto Varela e Santiago Olmo.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o conselleiro Roberto Varela e Santiago Olmo.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá no Centro Galego de Arte Contemporánea a XXXI edición da Bienal de Arte de Pontevedra, dedicada aos países de Centroamérica e o Caribe e que este ano ampliará os seus espazos expositivos, englobando por primeira vez a sede viguesa da Deputación, xunto ao Museo de Pontevedra, e a zona portuaria de Vilagarcía de Arousa desde o 4 de xuño ao 12 de setembro de 2010. Varela definiuna como ‘unha iniciativa fundamental da cultura Galega que exhibe con orgullo a súa condición de referente no panorama nacional e internacional’. O conselleiro destacou que ‘malia o contexto de crise, a Bienal demostra estar completamente consolidada e en constante progresión’. No acto de presentación oficial tamén interviñeron o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán e o comisario da mostra, Santiago Olmo. Na súa intervención, Roberto Varela sinalou a particularidade de que cada edición da Bienal ‘estea dedicada as artes plásticas de distintas rexións do orbe’ o que configura un ‘complexo mosaico artístico’. Neste ano 2010 e baixo o título Utrópicos e coa vista posta en Centroamérica, o conselleiro distinguíu un guiño a Galicia’xa que a cultura galega non se podería entender sen o eterno legado que nos deixaron os creadores da emigración e do exilio’. Do mesmo xeito, Roberto Varela incidiu na idea de que ‘a arte de Latinoamérica tería sido ben diferente e menos rica sen a influencia deses galegos dos que nunca nos esquecemos’. O conselleiro de Cultura subliñou que ‘celebrar esta excelente iniciativa cultural no ano Xacobeo, reforza a proposta da Bienal xa que estamos nun ano moi especial para Galicia e a cultura está a inundar as vidas de todos os galegos’. O titular de Cultura considerou que ‘no contexto do Ano Santo, a Bienal de Pontevedra pode alcanzar o seu máximo esplendor’. A programación artéllase en sete microexposicións.

Contenido patrocinado

stats