Benigno Campos mostra en directo a súa cociña de larpeiros
Fará unha demostración práctica das receitas do seu último libro
O cociñeiro Benigno Campos, presentador do popular programa Larpeiros da Televisión de Galicia, ofrecerá unha sesión de cociña en directo este luns, 3 de decembro, en El Corte Inglés de Vigo.
O cociñeiro anda estes días a promocionar o seu novo receitario, Volve a cociña de larpeiros, publicado como os anteriores libros pola editorial Galaxia. Desta volta vai pasar da teoría á práctica cociñando para todos os que se animen a achegarse velo. Campos conversará con eles ao tempo que exerce á súa arte. Finalmente, someterase ao veredicto da degustación.
Deste xeito, os que se acheguen a esta sesión de 'Cociña en Directo con Benigno Campos' non só gozarán da súa conversa animada, senón tamén da posibilidade de saborear o que saia das súas mans de experto cociñeiro.
Ás 19.00 horas no Club Cociña (planta 5) d'El Corte Inglés de Vigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar