Benestar busca a sensibilización da mocidade con obradoiros
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou onte un dos 30 obradoiros de sensibilización que se están a desenvolver en diferentes centros educativos da cidade dentro da campaña impulsada polo Consello Municipal de Cooperación Internacional.
O obradoiro tivo lugar no colexio Apóstol Santiago, un dos 22 que participan nesta campaña. O Atrapa contos Anxo Moure foi o encargado de achegar aos nenos e nenas de Educación Infantil á situación na que viven nos países menos desenvolvidos a través dun conta contos. A actividade tamén chegou aos alumnos e alumnas de Bacharelato.
Méndez explicou que esta campaña pretende sensibilizar sobre os obxectivos do milenio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último