Bembrive organiza obradoiros de cestería

A Entidade Local Menor de Bembrive ofrece gratuitamente dende hai varios anos o servizo da Ludoteca Artística para os nenos e nenas da parroquia nas instalacións do Centro Cultural Helios os luns, mércores e xoves, de 10:15 a 13:15 h., o que supón un custo total de 9.360 euros neste ano 2010 e que conta cunha subvención da Deputación de 2.000 euros.

Publicado: 23 dic 2010 - 18:24 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:37

Ante a gran demanda existente e por mor das vacacións escolares, nesta ocasión está programada a realización dun obradoiro de Nadal durante os días 24, 28 e 31 de decembro e 4 e 7 de xaneiro en horarios de 10:00 a 13:00 h., que consistirán en traballos de cestería impartidos por un cesteiro artesán, no que os asistentes terán a ocasión de observar e iniciarse na confección artesanal de cestas con vimbios ou outros materiais. A Ludoteca é un espazo para o xogo dirixido a nenos/as adolescentes (de 4 a 16 anos) cuxa finalidade é o fomento da participación infantil e xuvenil, o ofrecemento de alternativas de ocio e tempo libre, a promoción de valores, actitudes e comportamentos que favorezan o desenvolvemento integral.

Contenido patrocinado

stats