O bailarín indio Aniruddhan, novo invitado de Implicadas
vigo
Aniruddhan Vasudevan, bailarín, escritor e tradutor de Madrás-Chennai (dialectos da India), é actualmente estudante de doutorado en Antropoloxía na Universidade de Texas é o vindeiro artista invitado pola ONG viguesa Implicadas no Desenvolvemento, dentro do proxecto Reactiv- Arte. Destaca ademáis por ser un grande activista a prol dos dereitos da comunidade LGTBI.
Este luns aterrará en Galicia para desenvolver un obradoiro de danza Bharatanatyam organizado en colaboración co Centro Coreográfico Galego (na Coruña, do 4 ao 7 de xuño), e un encontro titulado "O activismo LGTBI: experiencias do Norte e do Sur", organizado en colaboración coa Asociación "Nós mesmas" en Vigo, o día 9, e na que participarán persoas de dita entidade así como de Amnistía Internacional.
Con Reactiv- Arte, Implicadas no Desenvolvemente trae a tres artistas de distintas disciplinas, colaboradores nos programas da ONG nos seus países.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez